¿ QUE EQUIPOS ASCENDERAN A 1ª AUTONÓMICA INFANTIL?

 

Os infantís do Arrabaldo contan con poucas posibilidades de ascender a primeira Autonómica, logo de conseguir unha épica vitoria no campo do Pabellón C o pasado fin de semana.
As posibilidades dependen de varias condicionantes e aínda que difíciles de conseguir para os nosos.

Imos analizar as posibilidades de cada equipo:

  • ARENTEIRO B: Campión de liga. Soamente pode ascender a 1ª Autonómica si o equipo principal, logra o ascenso a liga galega.
  • PABELLÓN C: Non pode ascender a 1ª Autonómica por ter un equipo en Liga Galega e o Pabellón B en 1ª Autonómica.
  • C.D. MACEDA: Ten conseguido o ascenso a 1ª Autonómica, pero a Directiva esta barallando a renuncia ao ascenso, a súa decisión depende do nivel da plantilla que teñan para a próxima tempada.
  • C.D. OURENSE B: Soamente podería ascender no caso de que non ascenda o Arenteiro B ou de renuncia do Maceda, sempre que o Ourense de 1º Autonómica consiga ascender a Liga Galega.
  • CALASANCIO B: Soamente ascendería en caso de non ascender o Arenteiro e o Ourense a Liga Galega ou en caso de non conseguir o ascenso un deles e renunciase ao ascenso o Maceda. É necesario que se manteña en Liga Galega o seu equipo principal, esta a 5 puntos do descenso. Ten moitas posibilidades de ascenso.
  • S.D. ARRABALDO: Soamente ascenderiamos no caso hipotético de que o Arenteiro e o Ourense non ascendan a Liga Galega e renunciase o Maceda ao ascenso de categoría. Outra posibilidade, pero esta moi remota é que baixase o Calasancio de Galega a Autonómica. É moi difícil o ascenso pero non imposible, pois o Maceda leva renunciando a subir dúas tempadas seguidas e non será fácil para o Ourense e Arenteiro subir a Galega. Consideramos que a posibilidade é moi remota.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: