ANALISES DO QUE QUEDA DE LIGA DA 3º AUTONÓMICA.

 

EQUIPOS CON POSIBILIDADES DE ASCENSO.

 

O ultimo tramo da 3º autonómica vai ser algo trepidante, despois dos resultados desta fin de semana, o ascenso é cousa de 5 equipos Arrabaldo, Palmés, Sande, Melón e Moreiras este último está a 5 puntos do 5 º clasificado que da o ascenso, xa que o Velle B non pode ascender de categoría. Destes 5 equipos os nosos son xunto co Palmés, os únicos que lle poden disputar o titulo de liga ó Velle B, pero tamén hai que contar que moitos equipos teñen un partido menos ca outros ou incluso dous.

 

As opcións de ascenso para cada equipo son as seguintes:

 

Arrabaldo: Quédanlle 4 partidos, conquerindo 3 puntos máis o equipo estará ascendido matemáticamente e os partidos que lle quedan son: Velle B (partido que pode decidir o campión do grupo), Melón, Loureiro e Maside B. Pódese dar por feito o ascenso, teñen posibilidades de loitar polo 1º posto.

 

Palmés: Quédanlle 6 partidos, porque ten 2 partidos aprazados de anteriores xornadas. Ten que conquerir 10 puntos para ascender sempre e cando o Moreiras gañe tódolos partidos. Os partidos que lle quedan son: Razamonde, Os Chaos (estes 2 encontros son os aprazados) e Melón, Maside B, Piñor e Castrelo. Pódese dar por feito o ascenso a 2º.

 

Sande: Quédanlle 5 partidos, dos cales ten que sacar 9 puntos para ascender matemáticamente. Os partidos que lle quedan son: Piñor, Castrelo, Rante, Cenlle e Santa Teresita. Como se pode ver ten un calendario moi asequible.

 

Melón: Quédanlle 5 partidos, e ten que sacar 10 puntos para ascender se o Moreiras gaña tódolos seus encontros. Os partidos que lle quedan son: Moreiras (segundo o resultado deste partido poden variar moito as posibilidades de ascenso), Palmés, Arrabaldo, Maside B e Piñor.

 

Moreiras: Quédanlle 5 partidos e ten que gañar todo, e esperar a que os equipos que están por enriba na clasificación, pinchen nos seus encontros. Os partidos que lle quedan son: Melón, Piñor,Castrelo, Rante e Cenlle. As posibilidades son remotas, pero si gañan o enfrentamento co Melón, todo pode pasar.

 

Despois, con respecto ó gañador do título, este fin de semana xogarase un partido que pode decidir moito, Arrabaldo-Velle B, aínda que este resultado non será definitivo, xa que o equipo de Velle conta cun partido menos e aínda perdendo este partido, podería gañar a liga se consegue a victoria no resto de encontros.

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: