CRÓNICA DOS PARTIDOS AMISTOSOS (08/05/10)

 

INFANTIL: S.D.C. ARRABALDO - C. D. OURENSE

BENXAMÍN: S.D.C. ARRABALDO - STA. TERESITA

 

 

Esta pasado sábado pola mañá, celebráronse dous partidos amistosos, no campo do Seixo, un de fútbol-11, de categoría infantil, entre o Arrabaldo e C. D. Ourense e outra de categoría benxamín ente o Arrabaldo e Sta. Teresita.

Este fin de semana fixo moi mal tempo en Ourense, o sábado pola mañá respectounos e fixo incluso sol e tivemos moita animación nas gradas.

Os equipos vencedores foron respectivamente o Ourense, recién ascendido á liga galega e o Sta. Teresita.

O Ourense foi moi superior aos de Sta. Cruz, que xogaron con varios alevíns, para tentar conquerir a súa adaptación ao fútbol-11, de cara a próxima tempada.

O partido de benxamíns foi moi igualado ainda que ó final gañaron os de Sta. Teresita por un gol de diferenza.

 

Fotos dos partidos:

 

 

Equipo Infantil de C.D. Ourense.

 

 

Equipo Infantil da S.D.D. Arrabaldo.

 

Fotos do partido.

 

 

Equipo Benxamín da S.D.C. Arrabaldo.

 

 

Equipo Benxamín da S.D.C. Arrabaldo.

 

 

 

 

Os equipos quentando.

 

 

 

 

Patrocinadores:

 

 

Enlaces: